jueves, 26 de septiembre de 2013

UN FERMOSO PASEO POLA BEIRA DO MANDEO

Hoxe vivimos unha experiencia moi interesante camiñando todos e todas pola beira do río Mandeo.

A temperatura foi perfecta para camiñar á sombra do bosque de ribeira observando as especies que o forman.


Camiñamos arredor de 3 Km. descubrindo moitas das cousas que xa nos contaran na aula antes de saír. Foi impresionante atopar vacalouras, pequenas rás ou incluso unha garza que se sorprendeu da nosa presenza e botou a voar en canto nos veu chegar. Moitos momentos moi especiais!


Tamén foi moi interesante descubrir avelás baixo os nosos pés, moitos de nós non esqueceremos a suavidade das follas das avelairas...


Pero non pensedes que non houbo tempo para o xogo. No Pasatempo, ademais de xantar, tivemos tempo para gozar dun ratiño de tempo de lecer.


E por certo, unha sorpresa ben agradable foi descubrir o antigo Pasatempo. Só representa unha décima parte da superficie do parque pero unha verdadeira xoia ao aire libre. A todos e a todas nos quedaron ganas de volver.





miércoles, 25 de septiembre de 2013

ESTADÍA DE OUTONO DE 3º EP

Hoxe comezamos a estadía de 3º EP con moitas ganas.

Fixemos un pequeno cambio na nosa programación, xa que fomos a coñecer o bosque e deixamos para o venres o estudo dos cogomelos, coa experanza de que a chuvia permita que podamos observalos en todo o seu explendor ese día pola mañá.

Ao chegar á aula e despois de instalarnos, vimos unha presentación sobre o bosque. David explicounos moitos dos segredos que nos podiamos atopar e nada máis rematar o almorzo saímos cara ao bosque con Pilar e Elia para intentar descubrilos.




Completamente equipados e con moita ilusión, buscamos no interior do bosque unha árbore, moi especial. Nos estaba esperando para que coñeceramos todas as súas características e finalmente adoptáramos algunha das sementes xerminadas do ano anterior. Comprometémonos persoalmente a coidalas ata que estiveran listas para ser transplantadas.



Aquí nos tedes a todas e a todos coas nosas árbores especiais.



viernes, 20 de septiembre de 2013

EXPORANDO A PAISAXE

Hoxe foi o noso último día de estadía, pero aproveitámolo con intensidade. Dedicamos o día a comprender os diferentes elementos que forman a paisaxe e como poden xerar diferentes emocións nos nosos corazóns.

Sin dúbida, aprendimos a observar o contorno que nos arrodea con outros ollos, comprendendo o que significa o uso sostible do mesmo e aprendendo a diferenciar aqueles elementos que xeran impacto visual. 

Deixámosvos algunhas imaxes do noso traballo.


jueves, 19 de septiembre de 2013

XOGANDO A CREAR A CIDADE MÁIS SOSTIBLE

Hoxe pola tarde estivemos traballando, en equipos, para poder planificar a cidade máis ecolóxica que se nos ocurrira.

As propostas debían permitir aos seus habitantes ter unha mellor calidade de vida non só a nivel económico, senón tamén a nivel social e ambiental.

Estos foron algúns momentos do proceso nos que xurdiron gran cantidade de ideas ben interesantes. 


A SIDRA

Hoxe, despois do almorzo, todo estaba preparado para que os nenos e nenas de 5º EP comezaran unha nova aventura:

          ELABORAR A SIDRA DE XEITO ARTESÁN.

Estaban agardando nada menos que cerca de 40 kilogramos de mazás de diferentes variedades, que ían ser a materia prima deste proceso artesanal.


E COMEZA O PROCESO!!

O primeiro que fixemos foi introducir as mazás na moega (caixa de madeira en forma de pirámide truncada e invertida que se coloca sobre a cuba) da trituradora.
Esta tarefa íase realizando por quendas, xa que a mazá picada recóllese nun caldeiro que hai que ir baleirando na prensa ata tela completamente chea, cuns 20 quilogramos de produto.


Cando a froita picada chega ata a parte de arriba da prensa esta péchase e móntase o sistema de prensado, o que vai permitir estrullar a mazá e obter o zume co que se fará a sidra.



Mirade como entre todos e todas imos sacando o zume na prensa!



Bo traballo! Sacamos ata a última pinga!.




miércoles, 18 de septiembre de 2013

 ESTADÍA DE 5º EP EN TREVIA

As estadías en Trevia supoñen unha experiencia na que os vosos fillos e fillas emprenden unha viaxe colectiva que lles vai permitir desenvolver  aprendizaxes e sentimentos positivos cara o medio, así como, desenvolver hábitos e destrezas, onde a identidade, a convivencia, as relacións co contorno e o currículo, son os piares básicos cos que imos a traballar.
 
Hoxe co ALUMNADO DE 5º EP gozamos dunha interesante visita á Feira de Castro.
Foi todo un luxo, coñecer a María, veterinaria e ademáis tía de Victoria, que nos contou como se desenvolve o mercado gandeiro desde a chegada do gando ata a súa saída para outros puntos de venda ou de engorde dos animais.



Tamén vimos como alimentaban aos becerros e como lles daban de beber para preparalos para a súa próxima viaxe cara a Asturias, Santander ou Cataluña.

 

Incluso aprendimos  como se preparaban os camións para recibir aos animais e que tipo de infraestruturas necesitan dependendo da distancia que vaian recorrer.


Pero o momento máis desexado era no que tiñamos que facer as nosas compras no mercado. Todo resultou moi doado e divertido. Regateamos e tratamos de sacar o mellor prezo posible polos produtos. 

 Para rematar unha mañá diferente, que mellor que compartir uns pratos de polbo entre amigos.