viernes, 18 de octubre de 2013

DESCUBRINDO O BOSQUE COMO UN ECOSISTEMA EN PLENO FUNCIONAMENTO


Hoxe estivemos realizando o estudio do ecosistema do bosque. 

Foi un traballo en equipo, que consistía en observar, utilizar diferentes instrumentos e interpretar os resultados coa fin de determinar as condicións ambientais do bosque e descubrir como os diferentes seres vivos que fomos observando (árbores, arbustos, fungos, insectos,...) atópanse adaptados ao medio no que se desenvolven.



Traballamos duro, pero xuntos, aprendemos mentres gozamos do que imos descubrindo.



Bueno, só queda despedirnos, pois esta é a derradeira que pasaredes en Trevia. Seguide aprendendo coas mesmas ganas e sendo un gran equipo que sodes. Unha aperta e ...

...ATA PRONTO!

jueves, 17 de octubre de 2013

TAMÉN APRENDIMOS A CULTIVAR COGOMELOS

Unha experiencia de laboratorio que nos permitiu ampliar a aprendizaxe sobre o desenvolvemento dos cogumelos foi o cultivo de Pleurotus ostreatus ou seta de cardo en saco de palla.

E foinos estupendamente, só tedes que ver o resultado!



Bueno, agora só temos que esperar arredor de 6 semanas para comezar a colleita!

Irémosvos informando!

SEGUNDO DÍA DA ESTADÍA DE 1º ESO

APRENDENDO SOBRE OS COGOMELOS
 
Hoxe estivemos todo o día aprendendo sobre os cogomelos. Foi moi divertido e, sobre todo, moi interesante.

A primeira hora, David explicounos o que eran os fungos e os cogomelos. Tamén nos amosou as diferentes formas cos cogomelos poden amosar no contorno. Tamén nos deu unhas boas recomendacións para poder recolectar os cogomelos con seguridade para o contorno e para nós.

Despois do almorzo de media mañá preparámonos para saír cara ao bosque a poñer en práctica todo o que aprendéramos pola mañá.



Coa parte da teoría ben comprendida e preparados para a recollida, todo o grupo saliu arredor do centro para recoller diversos exemplares de cogomelos. Recorrimos diferentes hábitats, carballeiras, soutos, piñeirais e prados, o que nos permitiu ir atopando diferentes exemplares de  Amanitas, Lepiotas, Boletos, Tricholomas, 

 
Camiñamos arredor de dúas horas  e atopamos  especies con cheiros inimaxinables para un cogomelo:  a pataca cruda, a anís, a azufre, a carne podre,… 


Foi unha saída moi interesante na que gozamos de aprender en equipo, de xeito vivencial e no medio natural.

miércoles, 16 de octubre de 2013

ESTADÍA DE OUTONO DE 1º ESO

DESCUBRINDO A COSTA 

Hoxe o alumnado de 1º ESO fomos coñecer o Monumento Natural Costa de Dexo Serantes, situado no concello de Oleiros no Golfo Ártabro.

Cando saímos de Lugo o tempo era chuvioso, pero nós estabamos dispostos/as e preparados/as para descubrir o contorno de Dexo de todos os xeitos.



Alí estábanos esperando, como en cada ocasión, Rebeca, educadora ambiental e guía experimentada que traballa no CEIDA en Oleiros.

Rebeca  revelounos o espazo natural protexido polo que fomos discorrendo con calma, observando, escoitando, razoando, en definitiva, aprendendo.


Visitamos un castro, percorrimos os cantís, observamos aves e diferentes formacións xeolóxicas como as furnas, os illotes, ...


Mirade que paisaxe!



Aquí estamos gozando das vistas, logo de rematar o bocadillo do almorzo.





Como poidestes comprobar o tempo foi inmellorable polo que resultou unha visita ben interesante. Mañá seguiremos contándovos todo o que vaiamos facendo.


viernes, 4 de octubre de 2013

O NOSO PASEO POLA BEIRA DO RÍO RATO

Hoxe coñecimos a Silvia, a educadora ambiental do Centro de Interpetación Terras do Miño situado ao pé do río Rato.


Co seu bo facer, foi capaz de desvelarnos moitos dos segredos que o contorno esconde e que para nós, xa non son nengún misterio.

Foi moi agradable pasear pola beira do río e observar a flora e a fauna que ali había.



Pero o que máis nos gustou foi escoitar os diferentes sóns da fauna na visita a centro de interpretación.

E o logo, por equipos, tivemos que localizar o ecosistema no que aparecía cada unha das especies que Silvia nos iba dando. Todo, unha aventura.

Estamos desexando volver a vivir emocións como estas, todos xuntos e na natureza.

Pasade un bo San Froilán. Descansade e gozade todo o que poidades.

jueves, 3 de octubre de 2013

HOXE FOI UN GRAN DÍA!

Esperabamos ter moi mal tempo, pero as nubes permitíronnos gozar dun montón de aventuras que queremos compartir con todos vós.

O máis difícil foi espertar e levantarse, pero despois de facer un pequeniño esforzo, AQUÍ NOS TEDES!!

 Pero non hai mellor cousa que tomar un estupendo almorzo para espertar. E aquí nos tedes coas pilas xa a tope.


Logo, puxémonos a traballar sobre o noso caderno de campo, recordando todo o que aprenderamos o día anterior. Fixádevos que concentrados e concentradas estabamos!


E cando rematamos, saímos cara ao bosque. Eso sí que foi xenial!! Temos tantas cousas que contarvos...


miércoles, 2 de octubre de 2013

ESTADÍA DE 1º EP EN TREVIA 

Comezamos a nosa primeira estadía en Trevia, que emoción!!

Todas e todos esperamos a visita duns novos amigos que nos ían presentar o traballo que durante estes tres días íamos a realizar.

A Becada e a Pita do Monte dándonos a benvida

Pero antes de saír ao bosque temos que facer un pequeno entrenamento para aprender a camiñar entre e vexetación.



 Antes de saír, puxemos unhas gafas máxicas que nos permitiron atopar as pegadas dos animais que viven no interior do bosque.


Cantos descubrimentos fixemos!! Pegadas de raposo, ósos de corzo, vacalouras, pel de serpe,...


 E pola tarde, unha divertida xincana onde puxemos en práctica todo o que aprendemos pola maña no bosque.