Ola familias!
Hoxe foi
o noso último día de
estadía.
Estivemos
investigando as árbores que forman o bosque que arrodea o
colexio.
Traballamos en
equipo para elixir unha
árbore e estudala a fondo:
observamos a súa codia, as súas follas, os seus froitos e medimos o seu alto e
o seu groso.
Cando xa coñecemos
todas as súas características, comprometémonos a coidar, durante todo o ano, das
árbores que naceran das sementes que plantaremos o luns pola mañá.
Aquí rematou a
nosa estadía de 3º EP.
E aínda que
estamos moi cansos, imos cheos de experiencias para compartir con vós ao longo
de toda a fin de semana.
DESCANSADE MOITO !!
ATA PRONTO!!