viernes, 17 de octubre de 2014

SEGUNDO E TERCEIRO DÍA NA ESTADÍA DE 1º ESO


Ola familia! 

Hoxe rematou a nosa última estadía en Trevia.

O tempo non nos axudou, pero aínda así fomos capaces de aprender, divertirnos, compartir e ...

... desexar que as novas experiencias que vivamos xuntos, sexan tan emocionantes como as que levamos vivido.

Adeus Trevia, ata sempre!!



miércoles, 15 de octubre de 2014

ESTADÍA DE OUTONO EN TREVIA 1º ESO


Ola a todos e a todas!

Hoxe comezamos a tan esperada estadía en Trevia. En canto chegamos, baixamos con todo o noso equipaxe cara á aula coa intención de instalarnos.

Cantos recordos nos traen as habitacións, as liteiras, …, cantos momentos compartidos ao longo deste anos.

Sabemos, e somos conscientes, de que esta vai ser a nosa última estadía, e por iso, queremos aproveitala “a tope”.



Hoxe tíñamos previsto ir a Mera, a coñecer o Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes, e aínda que estaba chovendo en Lugo, continuamos co plan previsto, esperando que a auga nos dera algunha tregua na costa. 

Pero non foi así, nada máis chegar caeunos un bo chuvasco. Menos mal que despois remitiu, e puidemos realizar o itinerario para así gozar da marabillosa paisaxe costeira  que tiñamos ante os nosos ollos.

Mirade cantos momentos inesquecibles!


 Non nos botedes moito de menos, porque como podedes comprobar, estámolos pasando xenial. Ah! e aprendendo moito.

Moitos bicos e ata mañá.

jueves, 2 de octubre de 2014

SEGUNDA DÍA DA ESTADÍA DE 5º EP EN TREVIA

Ola familia!

A que non sabedes que fixemos hoxe?

Non o ides crer, pero fixemos a NOSA PROPIA SIDRA

Con Ramón e David aprendemos moito sobre as mazás e tamén, sobre as máquinas que necesitabamos para preparar o zume que logo será o que se transforme na sidra mediante a fermentación.

Mirade que ben se nos deu!




miércoles, 1 de octubre de 2014

ESTADÍA DE OUTONO EN TREVIA 5º EP



Ola a todos e a todas!

Hoxe fixemos unha actividade extraordinaria:

ESTIVEMOS NA FEIRA DE CASTRO!

Primeiro visitamos a parte destinada ao gando. Nunca víramos tantos becerros xuntos!
Puidemos ver como os amamantaban, de xeito artificial, aos becerros para preparalos para a viaxe ata os puntos de ceba.
E tamén comprendemos, cales eran as características que tiñan que ter para poder ser vendidos ou comprados na feira.
Comprobamos, grazas á axuda das veterinarias do mercado gandeiro, que todo é moi rigoroso e que o verdadeiramente importante, é o benestar animal.


Despois fomos ata a praza do mercado a facer as nosas compras. Que ben o pasamos! 

Había cantidade de produtos que podiamos comprar, e a xente, amablemente, axudounos a facer mellor as nosas compras. 
Foi estupendo!



E para rematar a nosa experiencia na feira:

Comemos o polbo! Que rico!