AS NOSAS ESTADÍAS

AS NOSAS ESTADÍAS DE OUTONO


Todos os comezos de curso supoñen  un reencontro cos amigos e amigas, co profesorado, cos costumes e rutinas que acotío arrodean a vida escolar dos nenos e nenas, que ano a ano, se van transformando en adultos, formados no só a nivel académico, senón tamén, e máis importante,  a nivel persoal.






 As estadías de outono en Trevia son para o noso alumnado ese lugar de encontro onde,  en compañía dos seus compañeiros e compañeiras e durante tres días, descobren e aprenden sendo eles mesmos, os  protagonistas activos dese crecemento  cara a madurez.



ALUMNADO DE 5º EP INVESTIGANDO SOBRE A FEIRA DE CASTRO
 Durante as estadías o proceso de aprendizaxe é activo, vivencial, colectivo, interdisciplinar, significativo e construtivo,  nun ambiente distendido e cálido que esperta o entusiasmo do alumnado cada vez que comeza un novo ciclo, e  volve a ter a posibilidade de gozar das experiencias dunha nova estadía en Trevia.
ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º ESO NA COSTA DE DEXO

Todas as estadías en Trevia son diferentes. As actividades están deseñadas tendo en conta as características propias de cada grupo.
As estadías realízanse cada ano nos primeiros cursos de cada ciclo de primaria e no primeiro ciclo de secundaria (1º EP, 3º EP, 5º EP e 1º ESO).
OS NENOS E NENAS DE 3º EP INVESTIGANDO SOBRE OS COGOMELOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que vos parece?