TREVIA EN GALÉN

TREVIA Educación Ambiental

Un centro pensado para a intervención educativa no ámbito do medio ambiente dentro do Proxecto Educatico do Centro Educativo Galén.

AXENDA 21 ESCOLAR
Para actuar no cambio cara a un mundo máis sostible debemos comezar desde o máis próximo a nosa escola ,polo que Galén a través de Trevia, comprometeuse co futuro mediante este programa que pretende desenvolver a capacidade de tomar decisións colectivas para vivir dunha maneira sostible, así como, potenciar a participación, a responsabilidade, a cooperación e a autonomía do noso alumnado no ámbito da xestión e organización dos recursos.
PDF A AUGA (1º PARTE)
PDF A AUGA (2º PARTE)
PDF ECOAUDITORÍA DA AUGA

ESTADÍAS DE OUTONO
O programa de Estadías de Outono supón, para o noso alumnado, a participación activa nun proceso educativo diferente, moi vivencial, centrado no descubrimento, na investigación e  no estudio do contorno natural, social e cultural, en convivencia activa cos iguais.
Este programa está destinado aos alumnos/as de 1º, 3º, 5º EP e 1º ESO.
As actividades abarcan diferentes temáticas: o bosque, a feira, os cogumelos, a elaboración da sidra, estudo da paisaxe, visita ao Veral, a Avifauna, á Costa de Dexo,…
PDF ESTADÍA 1ºEP
PDF ESTADÍA 3ºEP
PDF ESTADÍA 5ºEP (FEIRA)
PDF ESTADÍA 5º EP (SIDRA)


"Cando ollamos co corazón"

A celebración do X aniversario de Galén, Trevia e Cantarela promoveu un espectáculo musical baseado no conto de Oliver Jeffers “O corazón e a botella”. Trevia facilitou unha serie de experiencia capaces de promover unha ollada diferente, sinxela e profunda. Con este obxectivo naceu o proxecto de Trevia para o X Aniversario:
 “Cando ollamos co corazón”.



 

A CARREIRA SOLIDARIA "GOTAS PARA NIXER"


O día 22 de marzo de 2012, enredámonos nunha carreira soildaria para apoiar os programas de intervención social, educativa e sanitaria que realiza UNICEF en Nixer.

Trátase dunha experiencia que une ao alumnado, aos docentes e ás familias no logro dun obxectivo común: A mellora da educación en Nixer.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que vos parece?